Conexión Rías Baixas

Datos de interés

  • Viernes 05.12.2008

Conexión Rías Baixas


Etiquetas: María Varela

María Varela.

 

 A escea é máis propia dunha película ó máis puro estilo ‘Miami Vice’ que dunha mañá de agosto na praia da Lanzada: o amencer calado interrompido polas sereas da xustiza mariña, unha fuxida pola area, un coche camuflado, unha planeadora de seis motores ardendo camiño do chiringuito dos xeados... e, ás poucas horas, unha sospeitosa marea branca esparexéndose de fardo en fardo polas Rías Baixas adiante. O areal podería ter sido o escenario dun ‘thriller’ de acción con narcotraficantes, matóns, persecucións, uns cantos tiros e algunha que outra moza guapa. Pero non. É real. Tan real como os milleiros de euros que se moven tralo ‘negocio’, ou como os estragos que a droga leva feitos nas vilas mariñeiras. Unha realidade tan dura como as pedras dos muros erguidos ó abeiro da hipocresía, ou como a face de esquelete de quen sucumbiu ós encantos do que resultou ser un pozo sen fondo.

O certo é que, ademais da boa mesa, a chuvia, a natureza, a morriña ou o Camiño de Santiago, a fama e os tópicos galegos levan unha capa de po branco, e non hai heroes valentes en Hollywood capaces de limpalo. Hai anos xurdiron os esforzos dalgunhas nais de película que hoxe ven a súa loita materializada na sentenza reparadora do Pazo Baión, e aínda hoxe moitos pais traballan arreo para alonxar ós seus fillos de tan tentadora ameaza. Ó fin, a realidade sempre supera á ficción, malia que nunca é tan atractiva.

18/08/2008

0'0 (0 votos)

valorar_registrado


Acceder Crear usuario

valorar_propios



valorar_valorado



¿Comentas?

comentarios_interesa guía de comentarios.


Acceder Crear usuario

co_explica





captcha

Cambiar por outro


co_pouco_html
co_etiquetas_html

Opcións

Buscar + información sobre



Publi


Diario de Pontevedra
Rua Lepanto 5, Pontevedra · Tlfno: 986 011 100
Grupo El Progreso